Ir al contenido principal

Antonio H.

SEMANA 1 (do 25/3 ao 01/3)

Ola Antonio!
Non te esquezas de estudar a escala de Sib maior! Recordas as células rítmicas que practicamos o último día. Debemos facer 15 minutos de exercicios de escalas e arpexios todos os días. É o noso momento para mellorar a nosa técnica! Bó estudo!

1- Brancas. Recorda usar todo o arco.
2- Negras sen ligar (repetindo notas)
3- Negras sen ligar (sen repetir notas)
4- Negras ligadas con e sen punto
5- Negra con punto ligada a corchea.
6- Catro corcheas (repetindo e sen repetir nota)
7- Tresillos (repetindo e sen repetir nota)

Escala (Só unha oitava)

En cada tonalidade está indicada a dixitación que debes usar e a corda na que está a posición (I = corda sol; II= corda re; III= corda la; IV= Corda mi). As letras que ves correspondense coas notas. (C = do D= re, G= sol A= la) 




Arpexios




👉 SEMANA 2 (do 25/3 ao 01/4)  
 
Estudo: Estudo en Sib Maior. Hoffman





Escalas:La m natural/ La m melódica



Editor de partiturasFlat.io
Libro de escalas:Ludwig Streicher. Scale and Chord studies  

📩 Para enviar:
1. video das escalas (Sib maior / La menor melódica)
2. video dos arpexios (Sib maior / La menor melódica)
3. Fotografía da peza con arco



Fotografía da peza con arcos colocados:





👉 SEMANA 3 (do 01/4 ao 08/4)  


📌Correccións do vídeo : Escala de Sib Maior (unha oitava). En xeral moi ben, agás algúns detalles.

1. Non levantes demasiado os dedos da man esquerda porque se non chegas tarde para atacar as notas.
2. Nas negras perdes algo de tempo, tes que atacar mellor a nota.
3. Afinación. Tes un poco alta a posición e polo tanto está alta.
4. Nas corcheas ligadas MÁIS ARCO! Leva o codo e a man dereita para afora e para dentro con impulso.
5. As negras e corcheas ligadas bastante ben 👍, pero cando duplicas a velocidade perdes tempo e ataque, é normal, é bastante rápido.
6. Recorda repetir as secuencias 3/4 veces cada unha.


Arpexios de La menor:




📓Tarefas:
1. Revisa toda estas cuestión vendo o teu video para darte de conta dos erros, e facer tamén os arpexios!!

📩 Para enviar:
1. video dos arpexios (Sib maior)
2. video das escalas ( La menor melódica)
3. video do estudo en Sib maior de Hoffman
4. video da tua peza 


SEMANA 4 (do 15/4 ao 22/4)


📩 Para enviar:
1. video dos arpexios (Sib maior)
2. video da tua peza
3. video do estudo en Sib maior de Hoffman

Bó estudo!

SEMANA 5 (do 22/4 ao 29/4)

Ola Antonio, baixámoslle un pouco a velocidade ao estudo de Hoffman e diferenciamos ben a articulación das corcheas ligadas e as corcheas soltas.

📩 Para enviar:

1. video dos arpexios (Sib maior)
2. video da tua peza
📹 VIDEO DA PEZA DE COMPOSICIÓN PROPIA
3. video do estudo en Sib maior de Hoffman

Bó estudo!

👉 SEMANA 6 (do 29/4 ao 06/5)  

Ola Antonio, quedáramos en que me enviaras unha fotografía da peza cos cambios que fixemos pero mellor deixámolo para a próxima semana, cando a revisemos por completo. Incluída a parte C. Un saúdo e bó traballo! 
 
Gravar se queres o estudo: Estudo en Sib Maior. Hoffman

Estudar os arpexios de La menor. A brancas ou redondas.
Estudar a  peza composta por ti. Parte A e B

📩 Para enviar
1.  Fotografía dos arpexios de La m





👉 SEMANA 7 (do 06/5 ao 13/5)  

Ola Antonio, esta semana estudamos os arpexios de La menor e seguimos estudando a túa peza. Un saúdo. 


👉 SEMANA 8 (do 13/5 ao 20/5)  

Antonio, esta semana gravamos o Estudo en Sib Maior. Hoffman e revisamos estas dúas pezas para ver que é o que máis che apetece tocar.ç

📹 VIDEO ESTUDO EN SI BEMOL HOFFMAN




Bo estudo!👋

👉 SEMANA 9 (do 20/5 ao 27/5)  

Escala e arpexios de MI menor.



👉 SEMANA 10 (do 27/5 ao 03/06)  

Exercicios de cambio de posición para a Cantata nº68 de Bach. PREME AQUÍ PARA VER O ARQUIVO

Bo estudo!👋

👉 SEMANA 11 (do 03/06 ao 10/06)  

Estivemos vendo a dixitación do estudo en Mi menor de S. Lee e falamos sobre a anticipación da man esquerda.

Escala e arpexios de Re Maior:

Bo estudo!👋

MATERIAL PARA VERÁN (última clase 09/06)

Antonio, deixo aquí os links do material que estivemos seleccionando o último día de clase. Que pases un bó verán. Bó estudo e ánimo!

PARTITURAS: I should care

PARTITURAMarcha G.F.Haendel 



EXERCICIOS: Segunda posición




EXERCICIOSSegunda posición alta


EXERCICIOS: Terceira posición 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Esperanza Spalding - On The Sunny Side Of The Street (Live 2016)

📯 Novo post!! Esperanza Spalding é compositora, cantante, contrabaixista e baixista de Jazz, así que perfectamente podería estar entre unha das nosas mellores referencias contrabaixísticas! Espero que vos guste coñecela e que procuredes máis sobre a súa música.  É fantástica! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Audición contrabaixo#5 Antonio Hermida Leonardo

É o turno do noso compañeiro  Antonio Hermida Leonardo que vai interpretar o Estudo en Si bemol Maior de Hoffman ¿Qué vos parece? Se queredes seguir a partitura da peza  PREME AQUÍ! Compartide connosco as vosas opinións! 🎻🎶 A disfrutar! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Que sabedes de Bach?

📣 NOVO POST!  Atentos e atentas!  Que sabemos deste compositor?  Deixade o voso comentario 👇 🌟 FOTOGRAFÍA DE  FINE ART IMAGES/HERITAGE IMAGES/GETTY IMAGES Dentro de moi pouco un dos nosos colegas contrabaixistas vai interpretar unha das súas obras máis coñecidas, Marcha de J.S.Bach . ¿Quén será? 👀 🌟 Polo de agora é momento de respostar a unha pregunta.... ¿Cal era o instrumento preferido de Bach?   Ouvide o programa e a por todas !!  PARA OUVIR O PROGRAMA PREME AQUÍ .    Ánimo!💪💫 Para saber algo máis: 📍 Fonte da fotografía orixinal . Artigo da NationalGeographic: “ La anatomía de Bach podría haber potenciado su excelencia musical”