Ir al contenido principal

QUINTO CURSO

SEMANA 1 (do 25/3 ao 01/3)

León, esta é a nosa oportunidade para mellorar a nosa técnica instrumental. Así que ímos traballar!

 Adxunto as escalas de DO maior, RE maior, SOL maior e La maior. Tamén os arpexios! En cada tonalidade está indicada a dixitación que debes usar e a corda na que está a posición (I = corda sol; II= corda re; III= corda la; IV= Corda mi). As letras que ves correspondense coas notas. (C = do D= re, G= sol A= la) 

Deberías comezar o teu estudo polas escalas de G maj y D maj porque son as da tu obra verdade? Así que dedícalles tempo antes de estudar cada movemento, e con metrónomo!!   Recordas as células rítmicas que practicamos o últmo día? Debemos facer 15 minutos de exercicios de escalas e arpexios Todos os días.

1- Brancas. Recorda usar todo o arco.
2- Negras sen ligar (repetindo notas)

3- Negras sen ligar (sen repetir notas)
4- Negras ligadas con e sen punto
5- Negra con punto ligada a corchea.
6- Catro corcheas (repetindo e sen repetir nota)
7- Tresillos (repetindo e sen repetir nota)

Gustaríame recibir, se pode ser, un video ou un audio estes exercicios e dun dos movementos, escolle ti cal deles é a mellor opción. Recorda, REPASA BEN A DIXITACIÓN! E MANTÉN O RITMO! e se algo non sae ben, repetir só ese fragmento. Bó estudo!

👉 SEMANA 2 (do 25/3 ao 01/4)  


📓 Tarefas:
ver o  movemento III (Allegretto): Sonatina. Johann Matthías Sperger
Escalas e apexios de Re Maior e Sol Mair

📌Libro de escalas:Ludwig Streicher. Scale and Chord studies  

📩 Para enviar:
1. video das escalas (Re Maior / Sol Maior; negra =60)
2. video dos arpexios (Re Maior / Sol Maior; negra =60)
3. video do 2º movemento da sonatina ( Adagio) 

SEMANA 3 (do 01/4 ao 08/4)

León, recorda que a semana próxima non temos clase online!

📌Correccións do vídeo : 

VIDEO 1: Escala de Re Maior (unha oitava). 

- Moi ben os cambios de posición e a afinación Pero..
1. Recorda pulsar o dedo 2!
2. As brancasTodo o arco, tes que ir máis ao talón, e máis á punta.
3. Recorda repetir estas secuencias 3/4 veces cada unha con negras, corcheas, negras con puntillo corchea e tresillos.

VIDEO 2: Escala de Sol Maior (unha oitava).  

- Moi ben pero podes facer as dúas oitavas
1. MÁIS ARCO!
2. O mi e o do quedan altos, porque tes que pulsar mellor co dedo 1. De acordo?
3. Recorda repetir estas secuencias 3/4 veces cada unha con negras, corcheas, negras con puntillo corchea e tresillos.

VIDEO 3: Arpexios de Sol Maior
Temos que revisar a dixitación



VIDEO 4: Arpexios de Re Maior 
- Temos que revisar a dixitación


📓Tarefas:

1. Revisa toda estas cuestión vendo o teu video para darte de conta dos erros
2. Estuda a primeira sección do 3º movemento da sonatina.
3. Estuda as escalas e os arpexios de Sol M e Re M.

📩 Para enviar:

1. video dos arpexios (Re Maior / Sol Maior; negra =60)
2.  video da primeira sección do terceiro movemento da sonatina: Allegretto.


SEMANA 4 (do 01/4 ao 08/4)

León, estamos traballando xenial, seguimos 💪

📓Tarefas:

1. Practicar o 1º movemento da sonatina: Allegretto
2. Estudar a primeira sección do 3º movemento da sonatina: Allegretto
3. Practicar as escalas
4. Estudar os arpexios que vimos en clase

📩 Para enviar:

1. Video do 1º movemento da sonatina.
2. Video dos arpexios (Sol M / Re M)
3. Video da 1º sección do 3º movemento.

Bó traballo!👋

SEMANA 4 (do 22/4 ao 29/4)


León, estamos traballando xenial, seguimos 💪

📓Tarefas:

1. Practicar o 1º movemento da sonatina: Allegretto
2. Estudar a primeira sección do 3º movemento da sonatina: Allegretto
3. Practicar as escalas
4. Estudar os arpexios que vimos en clase

📩 Para enviar:

1. Video do 1º movemento da sonatina.
2. Video dos arpexios (Sol M / Re M)
3. Video da 1º sección do 3º movemento.

Bó traballo!👋


SEMANA 5 (do 22/4 ao 29/4)

León, seguimos! 💪

📓Tarefas:

1. Revisa o ritmo da segunda sección do  movemento da sonatina: Allegretto.Subdivide en corcheas e non corras na pasaxe de fusas! Mide ben eses tres pentagramas.

2. Estudar o 3º movemento da sonatina: Allegretto.
Coidado cos tresillos e as dúas corcheas. É importante que as midas ben e o acentúes correctamente como estudamos en clase.

3. Practicar as escalas
4. Estudar os arpexios que vimos en clase

Bó traballo!👋👀

SEMANA 6 (do 29/4 ao 06/5)

León, esta semana a imos adicar a perfeccionar o 1º movemento da sonatina e estudar rítmicamente o 3º movemento completo, como fixemos en clase. 

1º movemento:
Revisa os saltos  e se algún non sae á primeira repetimos e estudamos só iso. 

3º movemento:
Estuda o ritmo con metrónomo a 60 e despois podes ir subindo, 70, 75, 80... a ver que acontece! 

Bó traballo! E xa sabes, se che gusta como soa o 1º movemento... A gravar!📹
👋

SEMANA 7 (do 06/5 ao 13/5)

León!! Repito a estratexia! 

📓 Tempo do 3º movemento allegreto. Quedamos en que a negra a 100!
Estuda o ritmo con metrónomo a 60 e despois podes ir subindo, 70, 75, 80... a ver que acontece! 

📓 Tempo do 2º movemento adagio. Quedamos en que a corchea a 90 !

Bó traballo! Vai grabando algo!📹

👋


SEMANA 9 (do 20/5 ao 27/5)

León, esta semana gravamos o 1º movemento para colgar na audición. Bó estudo!


📩 Para enviar:

1. Video do 1º movemento da sonatina.


SEMANA 10 (do 27/5 ao 03/06)
📩 Para enviar:


1. Video do 1º e 2º movemento da sonatina. Para AUDICIÓN



SEMANA 11 (do 03/06 ao 10/06)

Estivemos traballando o 3º movemento da sonata en clase. 

💪 Estudar o 3º e ler o 4º movemento.

👋 Moi bó estudo!



MATERIAL PARA VERÁN (última clase 10/06)


León! Deixote o link coa partitura para piano, por se alguén se anima a acompañarte este verán 😁. Disfruta!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Esperanza Spalding - On The Sunny Side Of The Street (Live 2016)

📯 Novo post!! Esperanza Spalding é compositora, cantante, contrabaixista e baixista de Jazz, así que perfectamente podería estar entre unha das nosas mellores referencias contrabaixísticas! Espero que vos guste coñecela e que procuredes máis sobre a súa música.  É fantástica! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Audición contrabaixo#5 Antonio Hermida Leonardo

É o turno do noso compañeiro  Antonio Hermida Leonardo que vai interpretar o Estudo en Si bemol Maior de Hoffman ¿Qué vos parece? Se queredes seguir a partitura da peza  PREME AQUÍ! Compartide connosco as vosas opinións! 🎻🎶 A disfrutar! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Que sabedes de Bach?

📣 NOVO POST!  Atentos e atentas!  Que sabemos deste compositor?  Deixade o voso comentario 👇 🌟 FOTOGRAFÍA DE  FINE ART IMAGES/HERITAGE IMAGES/GETTY IMAGES Dentro de moi pouco un dos nosos colegas contrabaixistas vai interpretar unha das súas obras máis coñecidas, Marcha de J.S.Bach . ¿Quén será? 👀 🌟 Polo de agora é momento de respostar a unha pregunta.... ¿Cal era o instrumento preferido de Bach?   Ouvide o programa e a por todas !!  PARA OUVIR O PROGRAMA PREME AQUÍ .    Ánimo!💪💫 Para saber algo máis: 📍 Fonte da fotografía orixinal . Artigo da NationalGeographic: “ La anatomía de Bach podría haber potenciado su excelencia musical”