Ir al contenido principal

SEGUNDO CURSO

SEMANA 1 (do 17/3 ao 24/3)

Xoel, ímos compoñer unha serie de pequenas cancións para contrabaixo. Así, cando voltemos as nosas clases poderemos poñelas en práctica co contrabaixo da escola. ¿Pareceche ben?

Ben, ímos por pasos:

Precisamos: papel pautado, lapis e goma

1º Debemos escribir os compases coas súas liñas divisorias. 8 compases

2º Temos que escoller o compás no que queremos escribir a nosa peza. Ímos facelo en 4/4.  

3º Agora toca escribir a música! Tes que ir compás por compás. Escolle entre estes compases o que mais che guste e utiliza as notas que coñeces do contrabaixo: Sol, re, la e mi.
Se non recordas como se escribían vai o teu libro de contrabaixo.


👉Aquí podes editar a túa partitura, vai probando! 

4º Ten que ter título!

Gustaríame que me enviaras unha fotografía da peza que compuxeches, e se pode ser un audio onde toques tí, podes usar o teu xilófono!! Bó traballo! 👋

SEMANA 2 (do 24/3 ao 31/3)

Ola Xoel, aquí está o traballo da semana! Bo estudo!👋

📓 Tarefas:
1. Editar a partitura " El imperio Romano": flat.io
2. Practicar a peza no xilófono
3. Practicar a escritura da clave de Fa nunha libreta de pentagramas (mira no libro, están todas ahí!)
4. Antes de comezar a practicar debemos mover un pouco o corpo, así que mira estes estiramentos e fainos!: Estiramentos para contrabaixistas 

📩 Para enviar:
1. Fotografía da peza escrita por ti. Partitura editada da peza
3. Video da peza " El Imperio Romano" interpretada ao xilófono 


SEMANA 3 (do 31/3 ao 7/4)

Ola Xoel, temos que perfeccionar algunhas cousiñas na nosa composición! Ánimo!

 📓 Tarefa 1: AS CATRO NOTAS DO CONTRABAIXO. Escribe as notas no teu cuaderno e colócalles o nome debaixo. Son as notas que soan se tocamos as cordas ao ar do contrabaixo! Recordas?
 📓 Tarefa 2: ISTO É UN XOGO! Tes que procurar as diferencias entre a túa partitura manuscrita e a canción escrita correctamente. Consegues ver as diferencias?

PARTITURA MANUSCRITA: “El imperio Romano”


PARTITURA CORREXIDA E EDITADA: “El imperio Romano”

Para enviar:
📩  Fotografía da peza “ El imperio Romano” escrita por ti correctamente.
📩  Video da peza " El Imperio Romano" interpretada ao xilófono. Recorda que no anterior video non usabas as catro notas do contrabaixo.
📩  Fotografía da peza “El trenecito de latón” escrita por ti.
📩  Fotografía da Tarefa 1

Bo traballo! 👋


NOTAS DO CONTRABAIXO



PARTITURA MANUSCRITA: “El imperio Romano”



PARTITURA MANUSCRITA: “El trencito de latón”



PARTITURA EDITADA: “El trencito de latón”




SEMANA 4 (do 14/4 ao 21/4)

Xoel, seguimos traballando! Todas as túas composicións son moi bonitas e orixinais. A  próxima semana comezamos a usar as corcheas ¡coma no noso libro de contrabaixo!

📩 Para enviar:

1. Unha fotografía da peza manuscrita de “La canción del amor”
2. A peza editada
3. Un video interpretando a peza, xa eres todo un experto nisto de interpretar as túas propias obras 😎

BÓ TRABALLO!

PARTITURA EDITADA: “La canción del amor”

PARTITURA MANUSCRITA: “La canción del amor”




SEMANA 5  (do 21/4 ao 28/4)

Xoel, seguimos! Na clase de hoxe debuxamos e repasamos as partes do contrabaixo para non esquecernos. Ademáis vimos unha serie de exercicios rítmicos que ímos tocar máis adiante co contrabaixo, pero polo de agora ímos interpretalos co xilófono.
PARTES DO CONTRABAIXO: páxina 4 do libro.

EXERCICIOS RÍTMICOS: páxina 17 do libro.






📩 Para enviar:

1. Unha fotografía das partes do contrabaixo
2. Un video interpretando os exercicios, recorda, negra a 60:

1º exercicio coa nota SOL
2º exercicio coa nota RE
3º exercicio coa nota LA
4º exercicio coa nota MI
5º exercicio coa nota SI

BÓ TRABALLO!👀

SEMANA 6  (do 28/4 ao 05/5)

Ah Xoel, qué ben o pasamos na nosa clase de contrabaixo! Todos os teus vídeos están perfectos! Por esa razón comezamos a compoñer os nosos temas introducindo as corcheas, verdade? 😉

PARTITURA MANUSCRITA: “Cucú cantaba Olalla”




PARTITURA EDITADA: “Cucú cantaba Olalla”



📩 Para enviar

1. Unha fotografía da peza “Cucú cantaba Olalla”.
2.  A túa peza editada
3. Un vídeo interpretando a peza “Cucú cantaba Olalla”

SEMANA 7 (do 05/5 ao 12/5)

Ola Xoel, nesta clase estivemos a ver e analizar a audición de Sergio. Qué ben interpretou a peza de Bach ! Non si? Agora ímos ouvir un programa sobre o compositor Bach e escribir algo da súa música e a súa vida. ¿Qué foi o que máis te chamou a atención? Escribeo e evíamo para ler!  PREME AQUÍ PARA ESCOITA

Exercicio de ritmo:  Nº 3. 


📘TAREFAS:

1. Ouvir o podcast Bach Vive
2. Exercicio de ritmo páxina 18.


📩 Para enviar

1. Un vídeo do exercicio de ritmo nº3
2. ¿Qué foi o que máis te chamou a atención do programa de Bach? Escribeo e evíamo para ler! 

Un saúdo!😽


SEMANA 8 (do 12/5 ao 19/5)

Ola Xoel, esta semana
 ímos ouvir un programa sobre o compositor Beethoven e escribir algo da súa música e a súa vida. ¿Qué foi o que máis te chamou a atención? Escribeo e evíamo para ler! 👉 PREME AQUÍ PARA OUVIR

Exercicio de ritmo:  Nº 3. (Segunda parte). Páxina 18




SEMANA 10 (do 26/5 ao 02/5)

Ola Xoel! 

Esta semana ímos traballar un pouquiño esta canción que estades cantando en Linguaxe Musical.

Temos que diferencias moi ben as negras, as dúas corcheas e as dúas semicorcheas!

PASOS PARA ESTUDAR A CANCIÓN

1. Lemos o ritmo con sílabas

Sílaba "TA" para as negras
Sílaba "TI" para as corchea
Sílaba "TI-RI" semicorcheas

2. Percutimos o ritmo coa man
3. Lemos o ritmo con nome das notas 

Ánimo! 😉






SEMANA 11 (do 02/06 ao 09/06)

Ola Xoel! 

Esta semana ímos estudar a primeira liña rítmica coa man DEREITA! Ánimo! 👋


Última clase 09/06

Xoel xa rematamos as clases! 

Pasa un verán moi divertido e cheo de música. 🌸

Comentarios

Entradas populares de este blog

Esperanza Spalding - On The Sunny Side Of The Street (Live 2016)

📯 Novo post!! Esperanza Spalding é compositora, cantante, contrabaixista e baixista de Jazz, así que perfectamente podería estar entre unha das nosas mellores referencias contrabaixísticas! Espero que vos guste coñecela e que procuredes máis sobre a súa música.  É fantástica! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Audición contrabaixo#5 Antonio Hermida Leonardo

É o turno do noso compañeiro  Antonio Hermida Leonardo que vai interpretar o Estudo en Si bemol Maior de Hoffman ¿Qué vos parece? Se queredes seguir a partitura da peza  PREME AQUÍ! Compartide connosco as vosas opinións! 🎻🎶 A disfrutar! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Que sabedes de Bach?

📣 NOVO POST!  Atentos e atentas!  Que sabemos deste compositor?  Deixade o voso comentario 👇 🌟 FOTOGRAFÍA DE  FINE ART IMAGES/HERITAGE IMAGES/GETTY IMAGES Dentro de moi pouco un dos nosos colegas contrabaixistas vai interpretar unha das súas obras máis coñecidas, Marcha de J.S.Bach . ¿Quén será? 👀 🌟 Polo de agora é momento de respostar a unha pregunta.... ¿Cal era o instrumento preferido de Bach?   Ouvide o programa e a por todas !!  PARA OUVIR O PROGRAMA PREME AQUÍ .    Ánimo!💪💫 Para saber algo máis: 📍 Fonte da fotografía orixinal . Artigo da NationalGeographic: “ La anatomía de Bach podría haber potenciado su excelencia musical”