Ir al contenido principal

Pablo M.

SEMANA 1 (do 24/3 ao 31/3)


Partitura: My romance

Imos facer un baixo para a peza. Un moi bó recurso se tes dúbidas de como montar os teus acodes é este: https://www.pianochord.org/ .A miña recomendación é que escribades primeiro os acordes completos e despois fagades unha liña de baixo que podedes adornar con notas de paso como xa sabes!



Non te esquezas de estudar a escala de Sib maior. Así que dedícalle tempo antes de estudar, e con metrónomo!!   Recordas as células rítmicas que practicamos o últmo día? Debemos facer 15 minutos de exercicios de escalas e arpexios todos os días. Bó estudo!

1- Brancas. Recorda usar todo o arco.
2- Negras sen ligar (repetindo notas)
3- Negras sen ligar (sen repetir notas)
4- Negras ligadas con e sen punto
5- Negra con punto ligada a corchea.
6- Catro corcheas (repetindo e sen repetir nota)
7- Tresillos (repetindo e sen repetir nota

Escala (só unha oitava)

En cada tonalidade está indicada a dixitación que debes usar e a corda na que está a posición (I = corda sol; II= corda re; III= corda la; IV= Corda mi). As letras que ves correspondense coas notas. (C = do D= re, G= sol A= la) 


Arpexios Sib
(ata a metade do segundo pentagrama; fa con dedo 4)


SEMANA 2 (do 24/3 ao 31/3)

Aquí está o traballo da semana! Bo estudo!👋

1. Practicar a melodía de "My romance"
2  Practicar a escalas de Sib maior
3. Elaborar un baixo para a peza
 "My romance"
📌 Para elaborar o baixo: Nomenclatura acordes
📌 Para elaborar o baixo (outra páxina para revisar os teus acordes): 8notes
📌Editor de partiturasFlat.io
📌Libro de escalasLudwig Streicher. Scale and Chord studies  

📩 Para enviar:
1. video das escalas (Sib maior)
2. video dos arpexios (Sib maior )
3. Fotografía do baixo para a peza

SEMANA 3 (do 31/3 ao 07/4)

📌Correccións do vídeo : Escala de Sib Maior (unha oitava). 

1. Atención ao dedo 2, está sen pulsar.
2. As brancas: Todo o arco, tes que ir máis ao talón 
3. Cando vas da punta ao talón do arco perdes ritmo, vale? É cuestión de aumentar a velocidade no arco arriba.
4. Nas negras ligadas con punto: TODO O ARCO!
5. Nas corcheas soltas acentúa a primeira de cada catro. Tanto cando repites nota como cando non o fas. 
6. Os tresillos bastante ben ! 👍
7. Recorda repetir estas secuencias 3/4 veces cada unha

📓Tarefas:

1. Revisa toda estas cuestión vendo o teu video para darte de conta dos erros, é fundamental, sobre todo ese dedo 2!!

📓Tarefas: Deixote aquí este pequeno estudo para que vaias vendo estes días se queres.

Partitura: Estudo en sibM. S.Lee

📩 Para enviar:
1. video dos arpexios (Sib maior )
2. Fotografía do baixo para a peza a brancas con notas guía
3. Fotografía do baixo para a peza a negras
4. Fotografía da tua peza para arco

Partitura manuscrita: My Romance. Baixo e notas guía.



SEMANA 4 (do 14/4 ao 21/4)

Aquí está o traballo da semana! Bo estudo!👋


1. Practicar os arpexios de Sib Maior
2  Practicar a escala de Sib Maior
3. 
Practicar o estudo de D.Lee.


📩 Para enviar:
1. Video dos arpexios.
3. Video de estudo de S.Lee
2. Fotografía do baixo a negras para My romance
3. Fotografía da tua peza para arco


Partitura manuscrita: My Romance. Baixo a negras.


SEMANA 5 (do 21/4 ao 28/4)

Playalong: My romance
👉My Romance 75(piano&drums).mp3

Bo estudo!👋

📩 Para enviar: 
1. Fotografía da tua peza para arco
2. Video de estudo de S.Lee

Composición propia para arco:


SEMANA 6 (do 28/4 ao 05/5)

Aquí está o traballo da semana! 

1. Video de estudo de S.Lee

Bo estudo!👋

SEMANA 7 (do 05/5 ao 12/5)

Seguimos traballando! 
Bo estudo!👋



SEMANA 8 (do 12/5 ao 19/5)

Seguimos traballando diante do espello! Falamos de percatarnos do movemento do arco e o exercicio na II corda.
Bo estudo!👋



SEMANA 9 (do 19/5 ao 26/5)

Vimos a parte A e A` do tema composto por ti. 


SEMANA 10 (do 26/5 ao 02/5)

Dixitamos a melodía do tema My Romance.

SEMANA 11 (do 02/06 ao 09/06)

Traballamos sobre a improvisación sobre o tema My Romance.


MATERIAL PARA VERÁN (última clase 09/06)

Pablo, deixo aquí dous estudos para practicar a primeira vista. Espero que disfrutes o verán e voltes con forza para traballar co arco! Ánimo!


Escala e arpexios de MI menor.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Esperanza Spalding - On The Sunny Side Of The Street (Live 2016)

📯 Novo post!! Esperanza Spalding é compositora, cantante, contrabaixista e baixista de Jazz, así que perfectamente podería estar entre unha das nosas mellores referencias contrabaixísticas! Espero que vos guste coñecela e que procuredes máis sobre a súa música.  É fantástica! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Audición contrabaixo#5 Antonio Hermida Leonardo

É o turno do noso compañeiro  Antonio Hermida Leonardo que vai interpretar o Estudo en Si bemol Maior de Hoffman ¿Qué vos parece? Se queredes seguir a partitura da peza  PREME AQUÍ! Compartide connosco as vosas opinións! 🎻🎶 A disfrutar! 🎧 PREME AQUÍ PARA OUVIR O TEMA 🎧

Que sabedes de Bach?

📣 NOVO POST!  Atentos e atentas!  Que sabemos deste compositor?  Deixade o voso comentario 👇 🌟 FOTOGRAFÍA DE  FINE ART IMAGES/HERITAGE IMAGES/GETTY IMAGES Dentro de moi pouco un dos nosos colegas contrabaixistas vai interpretar unha das súas obras máis coñecidas, Marcha de J.S.Bach . ¿Quén será? 👀 🌟 Polo de agora é momento de respostar a unha pregunta.... ¿Cal era o instrumento preferido de Bach?   Ouvide o programa e a por todas !!  PARA OUVIR O PROGRAMA PREME AQUÍ .    Ánimo!💪💫 Para saber algo máis: 📍 Fonte da fotografía orixinal . Artigo da NationalGeographic: “ La anatomía de Bach podría haber potenciado su excelencia musical”